martes, 10 de febrero de 2009

Actividade de preparación da viaxe a Italia

A semana anterior á Semana Santa o IES Xermán Ancochea de A Pobra de Trives vai a levar a cabo unha viaxe de estudios a Italia, na que algúns de vós participaredes. As principales etapas da viaxe serán Florencia, Roma e Pompeia.

A actividade que vos propoño ós alumnos de 4º ESO Latín será investigar unha serie de datos sobre esta última cidade:


  1. ¿Como se chama o volcán que sepultou Pompeia?

  2. ¿Cal é a data exacta dese feito?

  3. ¿Como se chaman ese tipo de erupcións volcánicas?

  4. ¿Que escritor latino foi testigo directo dos acontecementos e relatounos?

  5. ¿Que gran cidade da Italia actual se atopa preto?

  6. ¿En que ano foi redescuberta para a arqueoloxía?

  7. Indica o nome de outras dúas cidades que tamén foron sepultadas polo volcán

  8. ¿Cantos habitantes tiña Pompeia cando sucedeu a erupción?

  9. ¿Que número aproximado de víctimas se conoce na actualidade?

  10. ¿Que material se utilizóu para rellenar os ocos que ocupaban os cadáveres?

  11. ¿Que director de cine de orixe polaco abandonou a dirección da película Pompeya por motivos de axenda?

  12. ¿En que novela estará baseada esa peli e quen é o seu autor?

  13. Como se chama unha illa relativamente próxima a Pompeia e á que se retirou o emperador Tiberio os últimos anos da súa vida?

  14. Incluír unha foto do recinto arqueolóxico feita por ti mesma ou por algún/a compañeira/o teu que vaia á viaxe.

As respostas pódelas atopar en Internet, por exemplo aquí, ou aquí, ou aquí, ...


O traballo débesllo entregar en man ó profe antes do día 31 de maio. Se o fas ben, podes conseguir que a túa nota da III Avaliación suba ata 1 punto. Así que, ánimo, e a navegar.


Audaces fortuna iuvat


martes, 3 de febrero de 2009

Fase presencial en Santiago

¡Que difícil tarefa a de ponerse a escribir nun blog! Pero bueno, se hai que facelo, ... Podería empezar pedíndolle axuda ás Musas e cousas así, pero sería demasiado tópico, ¿non vos parece?

Tamén podería tentar unha captatio benevolentiae, aludindo a miña supina ignorancia nestes temas, incluso ós nervios, .... Pero non o vou a facer (¿ou é que xa o estou facendo?) ¡Que lío!

Vamos alá.

¡Quen me ía a decir a min que tantos anos despois me encontraría de novo en Santiago "estudiando" unha "asignatura" tan diferente a todas as que vimos na Facultade! As expectativas eran grandes e, a pesares dos contratempos, o resultado foi moi positivo. Para empezar, ¿non me diredes que non é xa positivo e ilusionante ver aquela aula atiborrada de clásicos, que durante tanto tempo lle deron e dan a cabeciña con Cicerón, con Sófocles, con Homero, coa lingüística indoeuropea,... pelexándose agora con aulas virtuales, webs 2.0, wikis, blogs, ... e cables, portátiles, configuracións de acceso, redes, ... ? O tempora, o mores! Nin sequera os elementos afectaban á moral dos participantes (bueno, algo sí).

E os profes, ¿que tal? É agradable comprobar que aínda existe ilusión, pasión por ensinar, por aprender cousas novas, por buscar outras vías, ... e que iso é contaxioso. Moi contaxioso. ¡Mirade que enganchados nos teñen! E paréceme que non hai volta atrás, é este un camiño sen retorno.
Vexo que os meus compañeiros de travesía van sobrados. Espero eu tamén poder estar á altura para poder "aprobar" e non quedar para setembro, ... ou para a séptima convocatoria.
Alea iacta est!

domingo, 1 de febrero de 2009

Presentación

Este blog pretende ser un medio de comunicación para os alumnos de clásicas (e non só de clasicas) do IES Xermán Ancochea - A Pobra de Trives.